Desde 2003
A nosa Historia
A Escola de Fútbol Lalín naceu no verán de 2003 como un proxecto pequeno pero ambicioso. Xurdiu para ocupar o baleiro que deixara a desaparición da Escola de Fútbol Deza e para dar resposta a unha sociedade lalinense que reclamaba unha escola de fútbol de calidade.
Case un centenar de rapaces e rapazas animáronse a participar nos primeiros
adestramentos, que se facían á beira do campo porque aínda non remataran as obras do primeiro campo de herba artificial.
Desde entón, a escola non deixou de medrar en todos os aspectos: hoxe supera os 350 xogadores e xogadoras, conta con 24 equipos e ten preto de 30 persoas traballando no seu equipo técnico.
Desde 2003
Unha escola,
non só un clube
Desde a súa creación tivemos clara a importancia do nome e o que queriamos transmitir con el. Non queremos ser un clube convencional, senón unha escola: un lugar onde os valores deportivos que adquiren os nosos xogadores e xogadoras marquen o día a día, e onde a formación para a vida estea por diante do resultado inmediato.
O fútbol é o noso deporte, pero entendémolo como un medio para lograr o desenvolvemento integral dos nosos nenos e nenas, non como un fin en si mesmo.
As familias saben que aquí non se vén só a xogar e a aprender fútbol: tamén se melloran as relacións sociais, a tolerancia á frustración e o traballo en equipo, mentres se desfruta da actividade favorita e se coida a saúde.
A formación para a vida está por diante do resultado inmediato.
As nosas raíces
Lalín no nome
O noso nome leva o noso pobo,Lalín, e así nos sentimos: lalinenses.
Representamos con orgullo o noso concello alá por onde imos, conscientes da responsabilidade que iso comporta, unha responsabilidade que asumimos
con gusto.
A nosa comunidade
Unha escola de todos e todas
Desde os inicios, en 2003, entendemos que na Escola de Fútbol Lalín todas as persoas somos importantes.
- xogadores e xogadoras Os que veñen adestrar cada día
- as familias Que os traen e levan aos partidos e sosteñen economicamente a entidade
- adestradores e adestradoras Que doan o seu tempo para que os deportistas reciban a mellor formación
- as directivas Que sen recibir nada a cambio buscan e rebuscan para que non falte de nada
- entidades colaboradoras As entidades públicas e privadas, sempre dispostas a axuddar no que se lles solicite
- outros equipos Cos que compartimos competicións e espazos, sempre cunha actitude colaborativa e amable
Por moitos anos máis
EFLAta o fin, imos Lalín!